A os que, soñando en cores , son quen de darlle vida propia a un carrussell xeado nun amencer de inverno ... na mentres os barrendeiros están a recoller os refugallos da verbena da noite anterior ...e os ghippies dos postos de artesanía desperézanse dun sono amenizado por un 00 -dobre cero-, facendo cola, entre o cheiro a churros, diante da fonte da Carballeira cos cepillos de dentes en ristre ...A Xosé Vázquez, pintor, gran pedagogo e mellor persoa ...
aprender dende cativo a convivir coa miña propia soidade (A. Tarkovski) ou viaxar a pé (W. Herzog) foron dúas das miñas mellores escolas vitais, que procuro seguir frecuentando. a luz do sol fixo o resto.