venres, 8 de maio de 2009

O Naufraxio do Anacoreta

MAN, naúfrago de brumosos pasados e futuros de escumosa incerteza,
Ser hu – MAN, re-CREA-do nese espazo lunar na terra, fareiro en solpores mareiros de alaranxada polifonía, xardineiro dos seus propios dilemas ..
Intestinos de beleza amalgamados dun instinto creador -a medio camiño entre o Homo Antecesor e Kubrick- por pedras, cemento e corr-óxido de ghalipote (Nunca Máis !!)
-Parrilada vai, parrillada ven ..-
O cri-cri-cri dos grilos martileando a media mañá, non terán cousa mellor que facer, claro ...
Arcilla, Árbore, Raiz
-Caldeirada vai, caldeirada ven ...-
SENSACIÓNS: amputación sensorial-potenciación elemental
-Queixochiculate vai, queixochiculate ven ..-
Auga/ Vento/ Terra/ Lume/
Lume queima Terra- Auga apaga lume- Vento despraza auga-
buque rompe casco, e aos PPresti -dixitadores dos fíos de plastelina lles da por xogar ao afundi-la frota ©; a Man se lle parte todo …
. Brain Onomatopeying:
Nitishka, Protoshka, Graash !! verbas que retumban na súa cabeza día e noite, noite e día ...
- H8. - AFUNDIDO!!
-Chupito LK vai, chupito LK ven ..-
A Man, o Alemán de Camelle, in Memoriam, sempre.
Aos que posúen a sensibilidade de apreciar a súa obra e traballan a reo para preservar o seu legado nas xeracións vindeiras; para aos que aínda non sinten, saiban, que non pensamos desistir.
A Pilar, miña nai, por comprender que a pesares de ser única, a Man atopeino na rúa, de Camelle, claro ..
E, como non, aos que tivemos a sorte de poder percibir e compartir, entre idas e vidas de OiaNOia, tres días de sensacións encontradas e un pequerrecho desencontro -de todo se aprende na vida, penso - nas Man-lands de Camelle e Arou.
Otto-Man-o / (Infiltrado no) Grupo Arou