martes, 8 de decembro de 2009

Inauguración





exposición + documental 
Venres 11 de decembro 
21.30 h  

Tarabela, espazo en movemento.
Lalín, Pontevedra.

“Cando José estaba moi enfermo díxome que quería que morrésemos xuntos, eu contesteille que non podía ser; non podíamos deixar aos fillos sós. O día que morreu, queimámolo. Gardo as súas cinzas en Leiroso, na casa na que naceu el, que tamén é na que nacín eu. Cando chegue o momento e me queimen a min, teño encargado que solten as nosas cinzas xuntas, ao pé dun castiñeiro“. 
      Piedad Ferreiro. Leiroso. Outono de 2009

"76 anos de vivencias e amor polo que lle rodea a un, dan para moito. 12 noites convivindo con Piedad en Leiroso, mentras tentas captar a esencia da súa vida en fotografías, algo menos, mais había que tentalo.
  Amor que hoxe atopa refuxio nas mans de Piedad, no xeito de desenvolverse no monte de castiñeiros e nas súas lembranzas; as mesmas que iranse diluindo coma vago espellismo do que foron, solapado polos danos colaterais da súa inqueda ancianidade.
12 noites con Piedad”, estación orixinaria dun proxecto documental que pretende percorrer o éxodo do rural cara as cidades. Os seus protagonistas, persoas anónimas que por moi diversas situacións vense abocadas a deixa-lo campo, extensión de sí mesmos, para verse de un día para outro mergullados na súa nova i.realidade. Mantendo a ilusión, quizáis, de poder retornar algún día, ainda que sexa nunha pequena furna".
Otto Roca. Compostela. Inverno de 2009