O pasado sábado acudimos á casa familiar dos Ferreiro
para amosarlles a peli.
![]() |
Cartaz de "Piedad" na porta da casa dos Ferreiro. |
Resultou o pase máis emotivo dos realizados até o de agora, polo especial do 'público' asistente, na súa maioría familiares ou persoas moi achegadas á vida de Piedad, a nosa prota.
Queremos agradecer a todas as persoas presentes a súa asistencia e cariño nese serán tan especial e imposíbel de esquecer, persoalizadas en:
Bego e Choni, pola súa hospitalidade.
Amadeo, Adela e José Antonio (fillos de Piedad), pola súa complicidade
e respeito pola nosa labor en todo o proceso creativo, nunha historia
tan íntima e que lles toca tan preto.
e como non, a Piedad, por aguantarnos a todas nós (especialmente ao pesado de Otto) durante estos tres anos.
A VIDA ven de amosarnos que a 'Realidade' supera sempre, con creces, á 'Non Ficción'.
e como non, a Piedad, por aguantarnos a todas nós (especialmente ao pesado de Otto) durante estos tres anos.
A VIDA ven de amosarnos que a 'Realidade' supera sempre, con creces, á 'Non Ficción'.