venres, 25 de febreiro de 2011

Ismael "o de Botos"

Diario dun Urbanita no Rural

Ismael, 78.













    A Ribeira.
Inverno 2011

Ismael é o meu veciño. Polas tardes, a eso das 15.30, acostuma achegarse ata o prado colindate á casa onde vivo, acompañando ao seu rebaño de ovellas. A todos eles, ovellas e coidador, os escolta "linda" unha cadela de caza abandoada fai preto dun ano nas proximidades da aldea. Ismael e a súa familia lle colleron apego e ficou a vivir con eles dende entón.

A vida fíxolle aprender rápido e sempre ten algo que contar, ainda que acostuma a rematar a conversa falando do mesmo:
os anos en Francia, os pozos de 25 metros feitos a man,  "Cachafeiro" (un veciño), o coidado das fincas e as escrituras das herencias (todo un clásico no repertorio de Ismael). 

Polo de agora non o sabe, mais esta foto está camiño do laboratorio. Para  á semana seguro que a inclúe nesa misteriosa cadea de anécdotas e lembranzas familiares coa que soe agasallarme de cando en vez nos nosos encontros no prado. 
Do mesmo xeito, podo imaxinarme a súa conversa dentro dun tempo, cando atope a calqueira urbanita despistado (coma min) polos camiños da parroquia:

" (...) - pois como che digho: o rapáz botou varios anos por aquí, enredando coa cámara de fotos pra riba e pra baixo. Homeee, todo o mundo ten dereito a ghanar un can .. Vaia se non !."

Dende aquí, Ismael, o meu agradecimento polo xeito co que compartes a túa sabiduría sobre   a    v  i  d  a  .