Piedad e José tiveron tres fillos: José Antonio, Adela e Amadeo.
É no fogar de Amadeo e a súa compañeira Begoña onde reside agora Piedad. Eles, xunto coas dúas pequerrechas da casa, constitúen o cordón umbilical que procura manter a Piedad en contacto estreito coa vida.
Piedad e a tinta seca de José | Mónica Castillo (foto) |
'Richard', xenro de Piedad e cuñado de Amadeo, estivo presente na sala de proxeción o día da presentación da peli en Galicia. Nun intre do coloquio posterior pediu a palabra:
"Veño de contemplar unha historia de amor, a dun fillo pola súa nai. A historia de amor de Amadeo e Piedad." ¬ comentou.
Coma un membro máis do equipo quero manifestar a satisfación colectiva de ter culminado esta obra respetando en todo momento a esencia vital dos seus protagonistas.
Coma director do proxecto son consciente que "Piedad" é un filme que irá acollendo espectadores ao seu redor moi paseniñamente -góstame que sexa así-, en entornos permeables e sensibles ao que de ela agroma. Todas e todos eles deberán de asumir previamente o risco de se sentires vulnerables ante o fermoso manifesto vital que Amadeo e Piedad comparten connosco.
Agradezo ás persóas que nos acompañaron no CGAI, de xeito físico i
emotivo, mesmo quenes tiveron que facelo na distancia. Unha compaña que
estivo aí ao longo do proceso, dende a súa orixe. Iso é o importante en
todo esto, a suma de emotividades.
É tempo de tomar distancia para que a peli respire e nós tamén con ela. Dende ese distanciamento, coma quen contempla pasear a Piedad entre os castiñeiros ao lonxe, asumindo con naturalidade que poida desorientarse ou mesmo caerse, pois a vida é iso. E, dende aló, cando ela estime, nos continúe a falar. Seguro que o fará.
Obrigada.
Otto Roca
Cusquisland, Inverno 2013