Amosando publicacións coa etiqueta PIEDAD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PIEDAD. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2013

2013

Como ben sabedes, este ano que remata, Piedad Ferreiro marchou deixando o legado da súa sabedoría vital connosco. 

 

  PIEDAD (o filme) percorreu miles de kms., dándose a coñecer entre espectadoras i espectadores de salas de proxección de Galicia, Canarias, Euskal Herria e Madrid. Tamén houbo ocasión de poder visionala en Montevideo (Uruguai), Bos Aires (Arxentina) e Santiago de Chile.

 
Oencia. Leiroso, 2013.

Dende aquí, gostamos de agradecer a vosa compaña, agarimo e apoio durante todo este longo traxecto. O noso desexo de Paz e Ben para todas e todos vós.
Se gostades, mirámonos no 2014.

xoves, 9 de maio de 2013

PIEDAD

                                                                                                                                  A Piedad,

co agradecemento de quenes tivemos a fortuna de te poderes coñecer.

 

"Se murió mi marido y se hizo en cenizas, para que no huela mal. Las tenemos guardadas en casa. Cuando yo me muera, también cenizas, en las mismas cenizas de él y luego las siembran a los castaños. Queda abono para los castaños y no se ven huesos perdidos, porque los que entierran con las tablas y los huesos de ellos, es una pena verlos, eh!.

Y así no se ve nada. Como todo eso está molido, ni hueles mal ni nada. Las cenizas pueden estar ahí, hasta .., años. Yo creo que mis hijos van a seguir el rumbo que dijo el padre."

¬ Piedad Ferreiro (Arnado, 1933- A Coruña, 2013)

Oencia. Sanvitul, 2009



xoves, 28 de marzo de 2013

Cinemateca Uruguaya

"Piedad" foi seleccionada no prestixioso 'Festival Internacional de Cine del Uruguay'. Participaremos na sección 'Panorama'. 


Un Pequeno Paso, cecais, para o Novo Cinema Galego (#NCG), mais un Gran Paso para todas e todos as compañeiras que formamos o equipo da peli.

2 abril, 17h | 9 abril, 21.20h
datas de proxección

Eiquí todo o programa (pax. 38)

luns, 21 de xaneiro de 2013

Ama(deo)

Piedad e José tiveron tres fillos: José Antonio, Adela e Amadeo.

É no fogar de Amadeo e a súa compañeira Begoña onde reside agora Piedad. Eles, xunto coas dúas pequerrechas da casa, constitúen o cordón umbilical que procura manter a Piedad en contacto estreito coa vida.
  
Piedad e a tinta seca de José
Piedad e a tinta seca de José | Mónica Castillo (foto)

'Richard', xenro de Piedad e cuñado de Amadeo, estivo presente na sala de proxeción o día da presentación da peli en Galicia. Nun intre do coloquio posterior pediu a palabra:

"Veño de contemplar unha historia de amor, a dun fillo pola súa nai. A historia de amor de Amadeo e Piedad." ¬ comentou.

Coma un membro máis do equipo quero manifestar a satisfación colectiva de ter culminado esta obra respetando en todo momento a esencia vital dos seus protagonistas.

Coma director do proxecto son consciente que "Piedad" é un filme que irá acollendo espectadores ao seu redor moi paseniñamente -góstame que sexa así-, en entornos permeables e sensibles ao que de ela agroma. Todas e todos eles deberán de asumir previamente o risco de se sentires vulnerables ante o fermoso manifesto vital que Amadeo e Piedad comparten connosco.  

Agradezo ás persóas que nos acompañaron no CGAI, de xeito físico i emotivo, mesmo quenes tiveron que facelo na distancia. Unha compaña que estivo aí ao longo do proceso,  dende a súa orixe. Iso é o importante en todo esto, a suma de emotividades. 

É tempo de tomar distancia para que a peli respire e nós tamén con ela. Dende ese distanciamento, coma quen contempla pasear a Piedad entre os castiñeiros ao lonxe, asumindo con naturalidade que poida desorientarse ou mesmo caerse, pois a vida é iso. E, dende aló, cando ela estime, nos continúe a falar. Seguro que o fará.

Obrigada. 

Otto Roca 
Cusquisland, Inverno 2013





xoves, 3 de xaneiro de 2013

'Piedad' : proxeción en A Coruña

Convidados polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), proxectaremos a nosa peli na sede da Filmoteca de Galicia. Aproveitade a ocasión.

Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
sábado 19 de xaneiro - 18 horas
CGAI | web
 

venres, 15 de xuño de 2012

PIEDAD [avance]

  Unha vez rematada a postprodución do filme, comeza unha nova fase: a procura dun festival onde proxectar a   estrea oficial   do mesmo.

  Ximena, a nosa compañeira responsable de produción e distribución, leva moitas semanas contactando i enviando copias aos comités de seleción, procurando así o entorno máis favorable para o proxecto.

  Namentres agardamos pola estrea de PIEDAD, podemos ir avanzando algunha das imaxes que forman parte do noso documental.


martes, 24 de xaneiro de 2012

PIEDAD

Queda moi pouco para culminar o traballo destes algo máis de dous longos anos.
Piedad, o noso documental, está a punto de ve-la luz.

Cartaz Oficial, designed by Rodrigo Losada

Polo momento podemos ir amosándovos o cartaz oficial do docu, deseñado por Rodrigo Losada, o responsable do deseño gráfico do proxecto. 

Seguiremos compartindo novidades.

Dosier de distribución:   (galego)   (castelllano)