Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de xaneiro de 2013

'Piedad' : proxeción en A Coruña

Convidados polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), proxectaremos a nosa peli na sede da Filmoteca de Galicia. Aproveitade a ocasión.

Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
sábado 19 de xaneiro - 18 horas
CGAI | web
 

venres, 15 de xaneiro de 2010

12 noites con Piedad


12 noites con Piedad from Otto Roca on Vimeo.

Documental proxectado na inauguración da exposición.

Tamén podes, se che apetece, consulta-la crónica realizada polo grupo de comunicación da Tarabela.

martes, 8 de decembro de 2009

Inauguración





exposición + documental 
Venres 11 de decembro 
21.30 h  

Tarabela, espazo en movemento.
Lalín, Pontevedra.

“Cando José estaba moi enfermo díxome que quería que morrésemos xuntos, eu contesteille que non podía ser; non podíamos deixar aos fillos sós. O día que morreu, queimámolo. Gardo as súas cinzas en Leiroso, na casa na que naceu el, que tamén é na que nacín eu. Cando chegue o momento e me queimen a min, teño encargado que solten as nosas cinzas xuntas, ao pé dun castiñeiro“. 
      Piedad Ferreiro. Leiroso. Outono de 2009

"76 anos de vivencias e amor polo que lle rodea a un, dan para moito. 12 noites convivindo con Piedad en Leiroso, mentras tentas captar a esencia da súa vida en fotografías, algo menos, mais había que tentalo.
  Amor que hoxe atopa refuxio nas mans de Piedad, no xeito de desenvolverse no monte de castiñeiros e nas súas lembranzas; as mesmas que iranse diluindo coma vago espellismo do que foron, solapado polos danos colaterais da súa inqueda ancianidade.
12 noites con Piedad”, estación orixinaria dun proxecto documental que pretende percorrer o éxodo do rural cara as cidades. Os seus protagonistas, persoas anónimas que por moi diversas situacións vense abocadas a deixa-lo campo, extensión de sí mesmos, para verse de un día para outro mergullados na súa nova i.realidade. Mantendo a ilusión, quizáis, de poder retornar algún día, ainda que sexa nunha pequena furna".
Otto Roca. Compostela. Inverno de 2009