onte comezamos a procurar as localizacións dun novo proxecto documental, polo de agora leva o nome provisional de Cidade Ma®ca™ . O caso é que xa estamos embarcados e isto non ten volta atrás.
Elviña, A Coruña (2014) |
teño moito que agradecer e a moitas persoas, mais hoxe, se mo permitides, gostaríame centrarme nunha soa que me acompaña na procura do sol nos días con ceo gris, repón a alacena da casa cando no meu peto só fican demandas de emprego caducadas sen selar, e sobordetodo sempre-sempre ten un sorriso a punto para comezar a xornada xunto a súa taza de café. Vai por ti, Marta.
- non ten perfil persoal nas redes sociais, así que probablemente nunca leerá isto que comparto convosco agora e, precisamente por iso, é polo que me animo a compartir este texto convosco.-
Chegar a este punto non foi doado, pero e que a VIDA é precisamente iso: irlle dando, a pesar de todo. Se gostades, mirámonos nos suburbios e periferias do sistema, que é onde realmente se cociñan as cousas ricas da VIDA. Como acontece nos cines, diante ainda queda algún sitio.