Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2014. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de abril de 2014

Cidade Ma®ca™

onte comezamos a procurar as localizacións dun novo proxecto documental, polo de agora leva o nome provisional de  Cidade Ma®ca™ . O caso é que xa estamos embarcados e isto non ten volta atrás.

Elviña, A Coruña (2014)
Elviña, A Coruña (2014)


teño moito que agradecer e a moitas persoas, mais hoxe, se mo permitides,  gostaríame centrarme nunha soa que me acompaña na procura do sol nos días con ceo gris, repón a alacena da casa cando no meu peto só fican demandas de emprego caducadas sen selar, e sobordetodo sempre-sempre ten un sorriso a punto para comezar a xornada xunto a súa taza de café. Vai por ti, Marta. 
- non ten perfil persoal nas redes sociais, así que probablemente nunca leerá isto que comparto convosco agora e, precisamente por iso, é polo que me animo a compartir este texto convosco.-

Chegar a este punto non foi doado, pero e que a VIDA é precisamente iso: irlle dando, a pesar de todo. Se gostades, mirámonos nos suburbios e periferias do sistema, que é onde realmente se cociñan as cousas ricas da VIDA. Como acontece nos cines, diante ainda queda algún sitio.

martes, 22 de abril de 2014

memoria

Fai uns meses coincidín nun concerto ao carón de Magín Blanco. Logo de saudarnos, díxome que poidera ver PIEDAD e que lle chegara fondo. Comentoume que estaba a traballar nunha canción entorno ao Alzheimer e que lle gostaría colaborármonos á hora de poñerlle imaxes. Unhas semanas máis tarde, recibiría por correo electrónico un arquivo de audio  que levaba por nome memoria, que sería finalmente a banda sonora do videoclipe froito da nosa colaboración. Aquí o comparto: 


xoves, 17 de abril de 2014

cousinhas

LAP

convidado polo Festival Playdoc veño de participar, xunto a outras compas, na primeira edición do Laboratorio de Apuntes Fílmicos (LAP#1) coordinado por Marta Andreu.

Eiquí unha pequena mostra do meu caderno de apuntes:

LAP#1 (Otto Roca, 2014) from Otto Roca on Vimeo.