Amosando publicacións coa etiqueta Magín Blanco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magín Blanco. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de abril de 2014

memoria

Fai uns meses coincidín nun concerto ao carón de Magín Blanco. Logo de saudarnos, díxome que poidera ver PIEDAD e que lle chegara fondo. Comentoume que estaba a traballar nunha canción entorno ao Alzheimer e que lle gostaría colaborármonos á hora de poñerlle imaxes. Unhas semanas máis tarde, recibiría por correo electrónico un arquivo de audio  que levaba por nome memoria, que sería finalmente a banda sonora do videoclipe froito da nosa colaboración. Aquí o comparto: