Fai uns meses coincidín nun concerto ao carón de Magín Blanco. Logo de saudarnos, díxome que poidera ver PIEDAD e que lle chegara fondo. Comentoume que estaba a traballar nunha canción entorno ao Alzheimer e que lle gostaría colaborármonos á hora de poñerlle imaxes. Unhas semanas máis tarde, recibiría por correo electrónico un arquivo de audio que levaba por nome memoria, que sería finalmente a banda sonora do videoclipe froito da nosa colaboración. Aquí o comparto:
Fica aquí un conto pequerrecho -mais grande en sentimento- sobre as lembranzas dunha VIDA. Empregamos a música e voz de Magín e o piano de Serginho, xunto as filmacións feitas por min facía un tempo; todo iso sumado a grandes doses de AGARIMO, quedounos como vístedes aí enriba.