luns, 21 de xaneiro de 2013

Ama(deo)

Piedad e José tiveron tres fillos: José Antonio, Adela e Amadeo.

É no fogar de Amadeo e a súa compañeira Begoña onde reside agora Piedad. Eles, xunto coas dúas pequerrechas da casa, constitúen o cordón umbilical que procura manter a Piedad en contacto estreito coa vida.
  
Piedad e a tinta seca de José
Piedad e a tinta seca de José | Mónica Castillo (foto)

'Richard', xenro de Piedad e cuñado de Amadeo, estivo presente na sala de proxeción o día da presentación da peli en Galicia. Nun intre do coloquio posterior pediu a palabra:

"Veño de contemplar unha historia de amor, a dun fillo pola súa nai. A historia de amor de Amadeo e Piedad." ¬ comentou.

Coma un membro máis do equipo quero manifestar a satisfación colectiva de ter culminado esta obra respetando en todo momento a esencia vital dos seus protagonistas.

Coma director do proxecto son consciente que "Piedad" é un filme que irá acollendo espectadores ao seu redor moi paseniñamente -góstame que sexa así-, en entornos permeables e sensibles ao que de ela agroma. Todas e todos eles deberán de asumir previamente o risco de se sentires vulnerables ante o fermoso manifesto vital que Amadeo e Piedad comparten connosco.  

Agradezo ás persóas que nos acompañaron no CGAI, de xeito físico i emotivo, mesmo quenes tiveron que facelo na distancia. Unha compaña que estivo aí ao longo do proceso,  dende a súa orixe. Iso é o importante en todo esto, a suma de emotividades. 

É tempo de tomar distancia para que a peli respire e nós tamén con ela. Dende ese distanciamento, coma quen contempla pasear a Piedad entre os castiñeiros ao lonxe, asumindo con naturalidade que poida desorientarse ou mesmo caerse, pois a vida é iso. E, dende aló, cando ela estime, nos continúe a falar. Seguro que o fará.

Obrigada. 

Otto Roca 
Cusquisland, Inverno 2013





xoves, 3 de xaneiro de 2013

'Piedad' : proxeción en A Coruña

Convidados polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), proxectaremos a nosa peli na sede da Filmoteca de Galicia. Aproveitade a ocasión.

Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
sábado 19 de xaneiro - 18 horas
CGAI | web
 

venres, 14 de decembro de 2012

'Del cosmos a la tierra'

   una entrevista de Ana Morente a Patricio Guzmán,

 cineasta chileno y realizador del film 'Nostalgia de la luz'.

 Imprescindible


martes, 27 de novembro de 2012

Home Cinema

O pasado sábado acudimos á casa familiar dos Ferreiro

 para amosarlles a peli.

 

Cartaz de "Piedad" na porta da casa dos Ferreiro.


Resultou o pase máis emotivo dos realizados até o de agora, polo especial do 'público' asistente, na súa maioría familiares ou persoas moi achegadas á vida de Piedad, a nosa prota.

Queremos agradecer a todas as persoas presentes a súa asistencia e cariño nese serán tan especial e imposíbel de esquecer, persoalizadas en:

Bego e Choni, pola súa hospitalidade.

Amadeo, Adela e José Antonio (fillos de Piedad), pola súa complicidade e respeito pola nosa labor en todo o proceso creativo, nunha historia tan íntima e que lles toca tan preto.

e como non, a Piedad, por aguantarnos a todas nós (especialmente ao pesado de Otto) durante estos tres anos.

A VIDA ven de amosarnos que a 'Realidade' supera sempre, con creces, á 'Non Ficción'.

martes, 9 de outubro de 2012

Première [ curiosa palabra ]

O día menos agardado, consultas o correo electrónico e alí está a notificación. comunícante que a peli foi seleccionada a concurso. O nó do estómago vaise diluindo para facerlle sitio, co paso dos días, a novas incertidumes en Full HD .. 

 

todo chega no seu tempo exacto

| Festival Internacional de Cine Documental de Guía de Isora - Islas Canarias |
   | MiradasDoc 2012 |  | Concurso Internacional - Sección Oficial - Ópera Prima | 

Aló iremos, tres anos despois de ter comezado toda esta tolemia para tentar dar a coñecer ao máximo o noso proxecto a respetable, crítica especializada e programadores.

venres, 15 de xuño de 2012

PIEDAD [avance]

  Unha vez rematada a postprodución do filme, comeza unha nova fase: a procura dun festival onde proxectar a   estrea oficial   do mesmo.

  Ximena, a nosa compañeira responsable de produción e distribución, leva moitas semanas contactando i enviando copias aos comités de seleción, procurando así o entorno máis favorable para o proxecto.

  Namentres agardamos pola estrea de PIEDAD, podemos ir avanzando algunha das imaxes que forman parte do noso documental.


martes, 24 de xaneiro de 2012

PIEDAD

Queda moi pouco para culminar o traballo destes algo máis de dous longos anos.
Piedad, o noso documental, está a punto de ve-la luz.

Cartaz Oficial, designed by Rodrigo Losada

Polo momento podemos ir amosándovos o cartaz oficial do docu, deseñado por Rodrigo Losada, o responsable do deseño gráfico do proxecto. 

Seguiremos compartindo novidades.

Dosier de distribución:   (galego)   (castelllano)